You are here
A campaña da Renda 2025 abre tamén o debate sobre o gasto militar
Hoxe comeza a campaña da Renda 2025, o momento no que o Estado aproveita para axustar contas cunha gran cantidade de contribuíntes. Desde hai anos, numerosos colectivos de diferentes puntos do Estado aproveitamos esta data para lanzar a Campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar.
Segundo Juan Carlos Rois, que participará no mes de maio nas xornadas Desarma Vigo, o Estado destinou máis de 65.000 millóns de euros ao gasto militar en 2025. Falamos do 3,92 % do PIB, unha cifra sensibelmente superior ao tan publicitado aumento ao 2 %. Se engadimos o gasto en control social, a porcentaxe elévase ata o 4,69 %.
A Obxección Fiscal ao Gasto Militar é a negativa a colaborar co Estado nos gastos de preparación de guerras e de mantemento da estrutura militar, exercendo unha desobediencia activa no momento de realizar a declaración da renda (IRPF).
Consiste tecnicamente en aproveitar a declaración do IRPF para desviar unha parte dos nosos impostos cara a un proxecto que promova un progreso social solidario.
Todo o mundo pode obxectar.
Se queres saber máis sobre a campaña, podes acceder ás seguintes ligazóns:
https://www.grupotortuga.com/campana-de-objecion-fiscal-al305 e https://objecionfiscal.info
Se queres saber como facelo, preme nesta ligazón: https://www.grupotortuga.com/como-se-hace-la-objecion-fiscal-al
Nestes días publicaremos información sobre a campaña galega pola OFGM, na que ofreceremos información sobre os destinos propostos e información sobre como desobedecer/desarmar a guerra.





