José María Navarro García, director xeral de MBDA España dicía hai unhs días que os misís “representan el culmen de la soberanía, como último bastión de la defensa del país”. MDBA a terceira empresa máis grande do mundo en venta de armas vai participar no salón da guerra que vai acoller Madrid.

etiquetas: 

Partillamos esta entrevista a Pepe Beunza, o que foi primeiro obxector de conciencia por motivos políticos no estado español.

etiquetas: 

Esta fin de semana estreouse en Compostela 'Goldi libre', un espectáculo protagonizado polo mesmo protagonista dos feitos que o inspiran: o César Goldi insumiso dos anos 90. Un autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González.

Partillamos a crónica poética de Manolo Pipas que fixo logo de asistir á obra "Goldi libre" que se presentou na sala Ártika de Vigo hai unhas semanas.

Podedes ler a crónica no blogue do poeta > http://www.envolventesaspalabras.info/cronikas-de-tempos-de-crise/goldi-...

etiquetas: 

Achegamos un novo informe das compañeiras de Utopía Contagiosa. Desta volta sacan un informe que baixo o títuño "Despilfarro Militar" que tratar de conseguir os seguintes obxectivos:

- Levar á opinión pública o debate de se o militar é un despilfarro en si mesmo.

- Concienciar á sociedade do continuo despilfarro militar.

- Caracterizar o despilfarro militar no noso estado.

A xente de O Patio de Guixar organiza este martes de decembro unha charla/coloquio sobre a insubmisión en Vigo. Nela participarań César Goldi e Ricardo Conde, insubmisos á mili e presos de conciencia nas cadeas do goberno de Felipe González.

Será o martes 13 a partires das 20:00 nos locais que esta asociación O Patio de Guixar ten na rúa Xulián Estévez 56, Guixar (Vigo).

Un informe elaborado polo Centre Delàs, TNI e Stop Wapenhandel denuncia que a industria armamentística obtén  rédito das migracións xeradas polas guerras. As tres grandes empresas do sector (Airbus, Finmeccanica e Thales) ingresaron 95.000 millóns de euros en 2015.

Isto non para! Récord de ventas de armamento no Estado Español, máis dun 16% de aumento respecto ao pasado ano é o que medraron a ventas de material de Defensa.

Tedes toda a información neste enlace > http://politica.elpais.com/politica/2016/07/31/actualidad/1469978966_811...

 

Páxinas