Aritz García Gómez, politólogo experto en Relacións Internacionais e especialista no mundo árabe e Oriente Medio explica, nunha entrevista realizada pola Directa, que "os dous grandes beneficiados pola ocupación de Iraq no 2003 foron China e Irán".

etiquetas: 

Ante os sucesos de París e a guerra permanente do Capital, as organizacións sociais, antimilitaristas e pacifistas asinantes manifestamos:

Os atentados de París forman parte da guerra que o chamado Estado Islámico (EI, ISIS ou Dahes) mantén cos estados que integran xunto a EE.UU a coalición armada que intervén militarmente en Oriente Próximo. Coalición que consideran a principal causa dos males que sofren.

etiquetas: 

Colamos esta nova publicada en directa.cat:

etiquetas: 

Con eventos como estes o que nos sae é berrar: A guerra fóra de aquí!

Partillamos a convocatoria do 1º ciclo de cinema no C.S. Fuscalho que terá lugar todos os xoves ás 20:00 dende o 19 de novembro ata o 10 de decembro.

Este primeiro ciclo xirará en torno ao polémico tema do belicismo; a idea consiste en ir proxectando ciclos mensuais en torno a diferentes problemáticas que nos parece interesante salientar…

E por que non empregar unha ferramenta tan útil e á vez tan fermosa coma o cinema.

A vindeira semana a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizamos dúas actividades:

- Documental: "Ouróboros. La espiral de la pobreza” con Julio Reyero un dos membros do equipo. Será o xoves 19 ás 20h00 no C.S. A Revolta (R/ Real, 12 - Vigo).

- Palestra: "A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915". A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás 20h00 no local da cooperativa Árbore (R/López Mora 30 - Vigo).

Cando un século atrás sinalados militantes do obreirismo galego de raíz anarquista fixeron súa a tarefa de dar vida a un evento que marcara distancias entre os bandos enfrontados durante da I Guerra Mundial, facendo  fincapé na responsabilidade última do proletariado ante a guerra, poucos imaxinaron os obstáculos de todo tipo que deberían sortear para que un tal acontecemento callara.

etiquetas: 

A empresa IMI Ltd, propiedade do estado de Israel, asinou un contrato por catro anos co Ministerio de Defensa para subministrar a munición regulamentaria da OTAN.

O 22 de agosto, o Boletín Oficial do Estado publicaba a formalización dun contrato de 33.720.392 euros para adquirir cartuchos do calibre 5,56 (o oficial da OTAN e, polo tanto, dos fusís do exército español) a diferentes empresas.

---

Durante o mes de outubro e ata o 6 de novembro, terán lugar as manobras Trident Juncture da OTAN, principalmente en Italia, Portugal e no Estado español co propósito de adestrar e ensaiar operacións de intervención a grande escala fronte á terceiros países.

Será un exercicio en que participarán 36.000 efectivos de máis de 30 nacións, dos cales 20.000 manobrarán simulltaneamente no Estado español.

etiquetas: 

Páxinas