koldobi


O sábado 1 de marzo, no inicio do Entroido, vivimos unha xornada ben interesante no centro social A Nubeira co compaña de Koldobi Velasco Vázquez e de todas as persoas que se achegaron. A actividade organizada polo Espazo Aberto Antimlitar e O.V.N.I. quedará gravada no novo centro social da cidade, xa que a charla “O AVANCE do MILITARISMO e a TURISTIZACIÓN: o EXEMPLO de CANARIAS” foi a primeira celebrada na Nubeira. Agardamos que sexa a primeira de moitas actividades.

Koldobi centrou o seu discurso nos vínculos entre a turistización e o avance do militarismo nun mundo cada vez máis vixiado. Para iso, empregou o exemplo das Illas Canarias, a súa terra.

Gravamos a participación de Koldobi, que podedes escoitar en Archive: https://archive.org/details/koldobi-nubeira-1-03-2025

O Espazo Aberto Antimlitar e O.V.N.I. co apoio do novo centro social A Nubeira organizamos unha charla co título: "O avance do militarismo e a turistización: o exemplo de Canarias". Contaremos para esta actividade coa presenza de Koldobi Velasco Vázquez: activista de Alternativa Antimilitarista/MOC, Baladre e profesora de Traballo Social na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria. A charla será o sábado 1 de marzo ás 19h30, no C.S. A Nubeira (Pizarro 6, Vigo).

No contexto global de guerras, militarización de todos os aspectos das nosas vidas e aumento do gasto militar, Canarias aparece como un exemplo paradigmático, da guerra nas fronteiras europeas contra a chegada de migrantes, xa que é unha das sedes principais de Frontex (a axencia europea de control de fronteiras) que ademais e deportar, e bloquear os accesos á UE, tamén se encarga de externalizar as fronteiras.

Ademais Canarias cumpre unha función fundamental na intervención do exército español en dez misións militares en África, isto leva a que Canarias teña 1% do seu territorio adicado a instalacións militares.Por outra banda e de forma paradoxal, tendo en conta ese gran esforzo por pechar fronteiras, Canarias tamén é historicamente a punta de lanza do monocultivo español por autonomasia, o turismo.

Turismo como sistema de ocupación do territorio, que explota ás persoas que habitan os destinos turísticos en beneficio de grandes multinacionais e caciques locais, os cales repártense os beneficios da explotación dos recursos naturais e as súas xentes.