You are here
1/03 - Charla "O avance do militarismo e a turistización: o exemplo de Canarias" con Koldobi Velasco
O Espazo Aberto Antimlitar e O.V.N.I. co apoio do novo centro social A Nubeira organizamos unha charla co título: "O avance do militarismo e a turistización: o exemplo de Canarias". Contaremos para esta actividade coa presenza de Koldobi Velasco Vázquez: activista de Alternativa Antimilitarista/MOC, Baladre e profesora de Traballo Social na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria. A charla será o sábado 1 de marzo ás 19h30, no C.S. A Nubeira (Pizarro 6, Vigo).
No contexto global de guerras, militarización de todos os aspectos das nosas vidas e aumento do gasto militar, Canarias aparece como un exemplo paradigmático, da guerra nas fronteiras europeas contra a chegada de migrantes, xa que é unha das sedes principais de Frontex (a axencia europea de control de fronteiras) que ademais e deportar, e bloquear os accesos á UE, tamén se encarga de externalizar as fronteiras.
Ademais Canarias cumpre unha función fundamental na intervención do exército español en dez misións militares en África, isto leva a que Canarias teña 1% do seu territorio adicado a instalacións militares.Por outra banda e de forma paradoxal, tendo en conta ese gran esforzo por pechar fronteiras, Canarias tamén é historicamente a punta de lanza do monocultivo español por autonomasia, o turismo.
Turismo como sistema de ocupación do territorio, que explota ás persoas que habitan os destinos turísticos en beneficio de grandes multinacionais e caciques locais, os cales repártense os beneficios da explotación dos recursos naturais e as súas xentes.
Patriarcado, capitalismo e colonialismo alíanse a través do turismo para explotar Canarias e moitos sitios máis acabando co medioambiente, a calidade de vida e os recursos.