obxección fiscal


Dende o programa La casa incendiada da emisora libre e autoxestionada "Radio Ela" de Madrid fannos chegar polas ondas -neste caso pola rede- as entrevistas a Jose da asemblea antimilitarista de Madrid e a Julián que presenta o documental "Donde se cuece la guerra".

Así nolo contan na web da emisora"En este programa hablamos con José de la asamblea antimilitarista de Madrid sobre la campaña de objeción fiscal al gasto militar, práctica de desobediencia civil que expresa su rechazo a sostener el gasto de preparación de las guerras y del mantenimiento del ejército y otros cuerpos armados, negándose a pagar a Hacienda una cantidad que va a estos destinos

Achegamos os datos no estado español da campaña pola obxección fiscal aos gastos militares 2012, na que destaca "que tras años de descenso, esta última campaña ha supuesto un frenazo a esa tendencia. Más que eso, la recuperación tanto en personas objetoras, como en destinos locales que han participado y en dinero desviado ha sido notable".

A xente de Tortuga Antimilitar fixeron un artigo que a modo de guía nos explica como facer OF con seguridade á par que nos convida a reflexionar sobre este acto de desobediencia:

A pasada fin de semana rematamos a campaña OF 2012 cun acto de rúa en fronte do mercado do Calvario.

Achegamos o audio da presentación da campaña pola OF que fixemos nas V tardes libertarias, organizadas pola xente de Lume Negro en Ponteareas o pasado de 26 maio.

Na presentación ademais da presentación da campaña se resolveron algunhas dúbidas técnicas.

O pasado martes 26 de xuño a xente da asociación contra a exclusión Alambique realizou unha accións na delegación de facenda baixo o lema: "Recortar sí, lo militar", para denunciar o gasto militar e promover a Obxección Fiscal ao Gasto militar. A acción estaba dentro da campaña "Contra sus recortes, nuestras alternativas".

Este foi o texto entregado á Axencia Tributaria en dita acción:

¿RECORTAR? ¡SI! LO MILITAR

Sr./Sra. Director/a de la Agencia Estatal Tributaria

Las personas que hoy nos concentramos delante de esta oficina queremos visibilizar de forma colectiva nuestra Objeción Fiscal al Gasto Militar. Esta acción de denuncia forma parte de la campaña "Contra sus recortes, nuestras alternativas", que lleva adelante la asociación contra la exclusión Alambique. Paralelamente a la campaña del IRPF, hemos estado proponiendo la objeción fiscal como una alternativa útil y concreta frente a las políticas que están llevando al empobrecimiento progresivo de la mayoría de la población.

Co mes de xuño rematan os actos da campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares que o Espazo Aberto Antimilitar en Galiza, e moitos grupos no Estado, vimos desenvolvendo. Aínda tedes tempo para facer a declaración da renda e con ela a OF, de facela por favor achegádenos os datos que estamos a recoller xunto a outros grupos a nivel estatal.

Para rematares convidamos a participar nun acto de peche de campaña que imos facer o sábado 30 de xuño a partires das 19h00 diante do Mercado do Calvario.

No acto haberá paneis informativos sobre: gasto militar - banca armada - sahara - venta armas e recrearemos un campo minado un pouco especial...

Agardamos a vosa participación!

Para todas aquelas persoas ás que pensar en ter que facer a declaración da renda lles da suores fríos.

Unha xente de Catalunya elaborou este video titorial con todos os pasos necesarios para facer obxección fiscal aos gastos militares.

Páxinas