You are here
Vídeo: Titorial obxección fiscal na declaración da renda
Para todas aquelas persoas ás que pensar en ter que facer a declaración da renda lles da suores fríos.
Unha xente de Catalunya elaborou este video titorial con todos os pasos necesarios para facer obxección fiscal aos gastos militares.
Como sabedes dende hai anos o Espazo Aberto Antimilitar propón facer este acto de desobediencia á guerra, que consiste en desviar unha parte dos cartos que o estado dedica a este fin. Á vez que manifestamos a nosa oposición á guerra apoiamos a colectivos e grupos que traballan por outro mundo máis xusto e desmilitarizado.
Pois nada, ánimo que non é tan complicado e lembrade qu se precisades axuda podedes contactar con nós!