obxección fiscal


Un ano máis quixemos aproveitar o 1º de maio para sacar ás rúas a nosa postura contraria ao gasto militar, máis aínda en tempo de recortes.

O vindeiro martes 26 de abril dende o Espazo Aberto Antimilitar convídamos a asistir/participar no acto de presentación da campaña contra o gasto militar e pola obxección fiscal 2011.

Este ano a campaña leva por título: “Eles non o farán, fagámolo nós: Recortemos o Gasto Militar" na que animamos a obxectar aos gastos militares na declaración da renda.

A charla será o martes 26 de abril ás 20h30 na Escola Popular Galega (rúa Real, 12 baixo - Vigo). Nela presentaremos a campaña, os datos sobre gasto militar, os destinos propostos para este ano, ademais de ter espazo para resolver as vosas dúbidas sobre OF.

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2011 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

- Pola protección da Serra do Galiñeiro: campaña impulsada por diversos colectivos en defensa da serra do Galiñeiro fronte aos numerosos proxectos desenvolvementistas que a ameazan. A súa actividade está fundamentalmente centrada nestes momentos na oposición á instalación dun parque eólico planificado nesta área.

A Serra do Galiñeiro é un espazo natural que alberga numerosos valores naturais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais polo que numerosos colectivos sociais agrupáronse a finais de 2010 no movemento social "Pola protección da Serra do Galiñeiro" para solicitar a protección deste espazo natural ó amparo das lexislacións autonómica e europea.

A CXT-Vigo convoca un ciclo de charlas, dentro das actividades preliminares ao 1º de Maio en Vigo. A este ciclo foi convidado o Espazo Aberto Antimilitar que vai participar na charla:

- "Antimilitarismo pasado e presente e Obxección Fiscal” a cargo de Manolo Pipas e de Carlos, compañeiro do Espazo.

Será o xoves 28 de abril ás 20h30 no local da CXT (Urzáiz 73 entrechán dereita)

Máis información sobre o ciclo de charlas no enlace: www.cgtgalicia.org/2011/04/1%C2%BA-de-maio-en-vigo/#more-2161

Un ano máis, dende o Espazo Aberto Antimilitar continuamos cuestionando a existencia do exercito como institución. Tentando manter o debate sobre a súa utilidade e conveniencia, os seus fins e a súa realidade, e denunciando a crecente militarización da sociedade, así como o desproporcionado gasto humano e económico que supón o seu mantemento.

Nun contexto como o actual, de recortes tanto de dereitos, coma de inversións en certos ámbitos (eliminación de subsidios, redución de pensións, perda de poder adquisitivo, etc.) o estado español gastará no ano 2011 uns 2.006 millóns de euros só en armamento; o equivalente a manter 421.910 pensións mínimas todo un ano. Pero en total, os orzamento militares para o ano 2011 no estado español ascenden a 17.244 millóns de euros. Unha  inversión un 5% menor á do ano 2010, pero que ven a representar o 4.8% do orzamento total do estado. Un dato que, ademais, debemos confrontar co descenso noutros ministerios, onde se chega a un 15,6% de recortes. E sen esquecer que, un ano tras outro, no sector militar as inversións finais superan dun xeito significativo o orzamentado.

Dende o pasado luns de 4 abril podense confirmar os borradores da declaración da renda 2010. Dende o Espazo Aberto Antimilitar animamos a que outro ano máis fagades Obxección Fiscal aos Gastos Militares nas vosas declaracións, por iso pedimos que non confirmedes o borrador, xa que de facelo perderedes a opción de facer este acto de desobediencia civil en contra do militarismo. Para facer OF hai que facer a declaración manualmente ou co programa PADRE, polo momento non sabemos facela nas que se presenta por vía telematica.

Para resolver as dúbidas que teñades sobre a OF (como facela, que é, etc.) dende o Espazo Aberto Antimilitar ofrecemos asesoramento todos os mércores do mes de maio dende as 20h30 ata máis ou menos as 21h00 na Cova dos Ratos. Senón podedes achegarvos ese día ou preferides usar internet enviade un mail: info@nonaogastomilitar.org

Na páxina de Insumissia están colgados os datos recollidos da campaña pola OF feita no Estado Español no 2010.

TOTAL OBJECIONES EN EL ESTADO: 609 objeciones – 59.111’02 € Datos campaña anterior (2009): 820 objeciones –80.655´71 €

Achegamos este vídeo que explica con moita claridade as razóns de porqué facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares:

Páxinas