Este ano non se poderán mercar os impresos para a declaración da renda nos estancos, así que temos que variar o modo de facer Obxección Fiscal ao Gasto Militar, aínda que basicamente segue sendo a mesma.
Como xa vén sendo habitual, o primeiro paso é non confirmar o borrador. Se o fixésemos, poderiamos pedir unha corrección posterior, pero xa estariamos a complicar o noso traballo.
A continuación faremos a declaración co programa PADRE, indicando a cantidade de diñeiro que queremos desviar para a nosa obxección nalgunha das casas de "Retencións e demais pagamentos a conta". Este ano son as comprendidas entre a casa 512 e a 522. O propio programa encárgase de facer os cálculos co dato que incluímos.