2010


Na páxina de Insumissia están colgados os datos recollidos da campaña pola OF feita no Estado Español no 2010.

TOTAL OBJECIONES EN EL ESTADO: 609 objeciones – 59.111’02 € Datos campaña anterior (2009): 820 objeciones –80.655´71 €

O Espazo co fin de achegar a terrible situación na que se atopa a poboación afgana vítima de anos de guerra organiza unha charla que leva por título: "Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres" a cargo de Mitra, activista de RAWA (Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán).

Será o sábado 11 de decembro ás 19h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3, Vigo).

Presentación de Mitra Shomal:

Nacida en Kabul en 1984, Mitra Shomal trasladouse xunto a súa familia ao exilio afgán para sobrevivir no Paquistán.

O goberno monicreque ruso remataba de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse a "Asociación Revolucionaria dás Mulleres de Afganistán (RAWA, www.rawa.org) e comezou a dar clases nas escolas da organización.

Coincidindo coa celebración do cumio da OTAN en Lisboa nesa cidade fixéronse ao longo da semana pasada numerosos actos en contra desa organización criminal.

Dende o Espazo convocamos un acto de rúa -para as que non puideran achegarse as mobilizacións de Lisboa- o sábado 20 de novembro no cruce de Colón con Príncipe baixo o lema "Agora e sempre, OTAN NON".

Esta semana en Lisboa celébrase unha reunión da OTAN e por iso diferentes grupos antimilitares de Portugal organizan un contracumio para amosar o seu rechazo a esta organización criminal.

Esta semana en Lisboa faranse varios actos en contra do cumio da OTAN que se vai celebrar na capital portuguesa estes días. Dende o Espazo convocamos a todas aquelas persoas que non se poidan achegar a Lisboa a un acto de rúa en contra desta organización criminal. será o sábado 20 de novembro ás 18h00 no cruce de Colón con Príncipe baixo o lema "Agora e sempre, OTAN NON".

Coincidindo coa celebración do cumio en Lisboa da organización militar que leva por nome OTAN queremos manifestar:

Dende a fin da chamada Guerra Fría, dito organismo reinventouse a si mesmo como unha ferramenta para a acción militar da intitulada “comunidade internacional”. Porén, trátase dun medio de natureza exclusivamente militar co obxecto de arbitrar medidas excepcionais en caso de conflito armado. A OTAN foi ideada polos Estados Unidos de Norteamérica para un fin moi concreto –a guerra- e conta con bases militares por todos os continentes, menosprezando o control da ONU e mesmo do dereito internacional, acelerando a militarización da sociedade e incrementando o gasto en armamento dos respectivos gobernos aliados. Aspecto a ser tido moi en conta xa que os países da OTAN representan o 75% dos gastos militares a escala planetaria.

O Espazo Aberto Antimilitar convídavos á "Presentación da campaña e mobilizacións contra o cumio da OTAN en Portugal en Lisboa 15-21 nov" na que contaremos coa presenza das compañeiras portuguesas de PAGAN (Plataforma Anti-guerra, Anti-nato) que presentaran as mobilizacións en contra do cumio da OTAN a celebrar en Lisboa entre o 15 e o 21 de novembro.

A presentación será o sábado 23 de outubro a partires das 20h30 na Cova dos Ratos (Romil 3 -Vigo).

Segundo eles mesmos a PLATAFORMA ANTI-GUERRA, ANTI-NATO (PAGAN) "é um movimento anti-militarista português integrado na campanha* internacional «No to War, No to NATO».

Motivada pela circunstância de a próxima cimeira da NATO se realizar em Portugal em finais de 2010, a PAGAN foi criada com o propósito de manifestar pública e pacificamente o desagrado com as políticas belicistas da NATO.

O pasado sábado 19 de xuño o Espazo Aberto Antimilitar saía á rúa para visibilizar as enormes contías que o Estado invirte na guerra, no ano pasado ese gasto supuxo o 12,47% do orzamento total.

Se pensas que un gasto militar de 23.115'03 millóns euros (o 12,47% do Orzamento Xeral do Estado Español) é inaceptable achégate ás actividades que no mes de xuño organizamos dende o Espazo Aberto Antimilitar contra os gastos militares:

- Charla/debate: xoves 17 ás 20h30 no CSA Guindastre (Xulián Estévez 22, Teis)

Páxinas