You are here
Sábado 11 - Charla: "Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres" a cargo de Mitra (RAWA)
O Espazo co fin de achegar a terrible situación na que se atopa a poboación afgana vítima de anos de guerra organiza unha charla que leva por título: "Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres" a cargo de Mitra, activista de RAWA (Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán).
Será o sábado 11 de decembro ás 19h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3, Vigo).
Presentación de Mitra Shomal:
Nacida en Kabul en 1984, Mitra Shomal trasladouse xunto a súa familia ao exilio afgán para sobrevivir no Paquistán.
O goberno monicreque ruso remataba de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse a "Asociación Revolucionaria dás Mulleres de Afganistán (RAWA, www.rawa.org) e comezou a dar clases nas escolas da organización.
Mitra formouse naquelas escolas, onde aprendeu ás materias habituais, mentras tomaba conciencia sobre a traxedia das mulleres afgás e a necesidade de loitar contra as causas de tantas miserias. Con 16 anos, ingresou en RAWA e comenzou o activismo "para apoiar ao pobo descalzo e traballar pola construción dun Afganistán laico, democrático e libre".
En 2007 licenciuse en psicoloxía pola Universidade de Kabul e actualmente desempeña diversas responsabilidades no seo de RAWA, como impartir clases, recompilar datos sobre violacións dos Dereitos Humanos e distribuír publicacións clandestinas por todo Afganistán.
Podedes descargar o cartaz para divulgar a charla.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cartaz_rawa.jpg | 1.88 MB |