Afganistán


Coincidindo coa presenza en Vigo de Mitra representante de RAWA a radio Piratona dedicoulle un especial que foi gravado 11 de decembro no que explicou a realidade dun Afganistán ocupados por tropas estranxeiras.

O pasado sábado 11 de decembro Mitra, compañeira de RAWA, achegounos con claridade como é a vida da poboación afgá tras anos de guerra e nestes momentos sufrindo a ocupación das tropas da OTAN.

Mitra comezou explicando, coa axuda de Irene que traducía, os graves problemas que sofre un Afganistán que se atopa no penúltimo lugar do mundo en canto a índice de desenvolvemento humano e no que o 80% da súa poboación está na pobreza. Sinalou tamém que as distancias entre ricos e pobres medran, exemplo disto é que na capital estanse a construír moitos servizos para os señores da guerra-droga que posúen grandes fortunas.

Quiso tamén deterse nos problemas que sofren as mulleres, vítimas de violencia dentro das familias, de matrimonios forzados, de agresións coma mutilacións ou queimaduras...; todo isto está na base do fenómeno da autoinmolación única saída que ven moitas mulleres.

O Espazo co fin de achegar a terrible situación na que se atopa a poboación afgana vítima de anos de guerra organiza unha charla que leva por título: "Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres" a cargo de Mitra, activista de RAWA (Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán).

Será o sábado 11 de decembro ás 19h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3, Vigo).

Presentación de Mitra Shomal:

Nacida en Kabul en 1984, Mitra Shomal trasladouse xunto a súa familia ao exilio afgán para sobrevivir no Paquistán.

O goberno monicreque ruso remataba de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse a "Asociación Revolucionaria dás Mulleres de Afganistán (RAWA, www.rawa.org) e comezou a dar clases nas escolas da organización.

Vida Diaria en Kabul é un proxecto de periodismo documental en vídeo, foto e texto pensado para a súa divulgación a través de Internet e producido polo Institut Catalá Internacional per a Pau.

Tras a morte de dous gardas civís e un intérprete na zona onde están situadas as tropas españolas en Afganistán, están a chegar novas de que nas portas da base española unhas 2.000 persoas estanse a manifestar contra a súa presenza na provincia de Badghis (nordeste de Afganistán).

Esta semana que rematou, os grandes medios de comunicación lanzaban a nova, enviada por Wikileaks, de que os exércitos occidentais en Afganistán están a asasinar por sistema á poboación civil co consentimento das súa autoridades.

Facémonos eco na nosa web da campaña lotienesqueparar.org que pide un parlamento afgano sen criminais de guerra. A campaña conta cun espectacular vídeo de animación no que se fai un percorrido pola situación deste país. Así explican a campaña na súa web:

"Afganistán lleva más de 30 años en conflicto. La población afgana ha sido víctima ininterrumpida de violaciones de derechos humanos. Auténticas atrocidades que hoy siguen impunes. Algunos de los responsables de estas violaciones son diputados en el Parlamento afgano o tienen cargos de poder en el actual Gobierno. Ellos aprobaron una Ley de Amnistía para asegurarse su inmunidad. Mientras la sociedad civil afgana lucha para que se haga justicia, la Unión Europea y los Estados Unidos continúan apoyando al Gobierno y al Parlamento afganos.

 El próximo mes de septiembre se celebrarán elecciones parlamentarias en Afganistán que serán financiadas principalmente por la Unión Europea y los Estados Unidos a las que se presentarán criminales de guerra. Es tu oportunidad para exigir justicia."

Hai algo máis dun mes convidamos a Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Delas - Justícia i Pau) para que nos explicara que está a facer o exército español en Afganistán.

Páxinas