Afganistán


Deixamos o audio da charla celebrada na Cova dos Ratos que levou por título: "O intervencionismo do exército español, caso de Afganistán"  a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau.

Podedes descargar a presentación que usou Alejandro na charla neste pinchando neste enlace.

Como vén sendo habitual nos últimos anos o Espazo participou no 1º de Maio vigués, e este ano ademais dun xeito máis activo ao levar unha faixa co lema: "Fóra as tropas de Afganistán e de todos lados" na manifestación convocada pola CXT/CUT.

Na farola que da entrada a Príncipe montamos tamén o posto con información da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2010, no que se podían ler nun cohete os gastos militares do Estado Español para este ano.Aproveitamos para repartir entre as tres manifestacións máis de mil trípticos coa información necesaria para facer OFGM.

Achegamos o texto da charla-coloquio que tivo lugar ne Madrid en xaneiro de 2010 na que unha representante de RAWA (Asociación de Mulleres Revolucionarias Afganas), que se fai chamar Mehmuda por motivos de seguridade, presenta a terrible situación na que se atopa Afganistán.

O texto completo o podedes atopar no seguinte enlace: antimilitaristas.org/spip.php?article4428

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2010 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas declaracións:

O Espazo Aberto Antimilitar dentro das actividades da campaña contra o gasto militar e pola obxección fiscal 2010 organiza a charla:

"O intervencionismo de exército español, caso de Afganistán" a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau, www.justiciaipau.org). Terá lugar o venres 16 de abril ás 20h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3 baixo - Vigo).

Cascos azuis en misión de paz, ou... militares da OTAN en misión de guerra?

O Estado español colabora coa ocupación militar de Afganistán, a cal non deixa de matar á poboación civil. 1550 son os millóns de euros gastados. 14000 os militares españois que teñen pasado por Afganistán, máis de 1500 actualmente fixos a petición dos EE.UU. Xa son 90 os soldados españois mortos. As baixas civís poden chegar ás 31000 persoas mortas...

O pasado xoves 1 de abril ao mediodía, o auga do pequeno lago da Praza da Independencia foi tinguido de vermello para seguir denunciando a ocupación de Afganistán, así como a presenza de tropas españolas en conflitos internacionais.

Ademais disto nos arredores coláronse carteis explicativos sobre o conflito e a campaña.

O texto da campaña e as imaxes da primeira acción as tedes neste enderezo: www.nonaogastomilitar.org/node/64

O pasado mércores 10 de marzo pola tarde, realizouse unha acción reivindicativa, tinguindo de vermello o auga da fonte do monumento aos mariñeiros na Gran Vía de Vigo, colocando unha faixa co lema "Fóra tropas de Afganistán", e pegando nos arredores carteis informativos sobre a ocupación de Afganistán.

Esta acción, enmárcase nunha campaña contra a ocupación de Afganistán, e en xeral contra toda presencia de tropas españolas en conflitos internacionais.

Páxinas