You are here
Destinos propostos na campaña de Obxección Fiscal 2010
Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2010 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas declaracións:
- Asociación Revolucionaria de Mulleres de Afganistán (RAWA): trátase dunha organización política independente de mulleres afganas en loita polos dereitos humanos e a xustiza social dende 1977. Máis información na súa web: www.rawa.org
- A Ría Non Se Vende: rede de colectivos na defensa das continuas agresións que sofre a ría de Vigo. Máis información na súa web: www.arianonsevende.org
E como todos os anos tamén damos a oportunidade de que os vosos cartos tamén poida ir dirixidos ao Espazo que como sabedes somos un grupo que aglutina a colectivos e persoas contra a guerra e o militarismo.
Os vosos cartos nolos podedes facer chegar á conta do Espazo (Caixarouba): 2080 0046 31 0040026408, lembra que debes indicar "obxección fiscal ao gasto militar" e o nome do colectivo ao que queres que vaian.