2010


Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2010 varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas declaracións:

O Espazo Aberto Antimilitar dentro das actividades da campaña contra o gasto militar e pola obxección fiscal 2010 organiza a charla:

"O intervencionismo de exército español, caso de Afganistán" a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau, www.justiciaipau.org). Terá lugar o venres 16 de abril ás 20h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3 baixo - Vigo).

Cascos azuis en misión de paz, ou... militares da OTAN en misión de guerra?

O Estado español colabora coa ocupación militar de Afganistán, a cal non deixa de matar á poboación civil. 1550 son os millóns de euros gastados. 14000 os militares españois que teñen pasado por Afganistán, máis de 1500 actualmente fixos a petición dos EE.UU. Xa son 90 os soldados españois mortos. As baixas civís poden chegar ás 31000 persoas mortas...

Dende Alternativa Antimilitarista - MOC ofrecen o cálculo do Gasto Militar no estado español para o ano 2010. Como veñen facendo nos últimos anos suxiren dous cómputos diferentes: o gasto estricto, e outro máis amplo que denominan “gasto militar + control social” ao que lle engaden o gasto das principais policías e o gasto carcelario.

Á hora de facer o cálculo toman como referencia o que o propio presupostou o pasado outono nos seus Orzamentos Xerais do Estado para 2010 e sinalan que "como ben aclarando o investigador José Toribio nos seus últimos informes, a realidade que aflora no intre de facer as contas ao final de cada exercicio, é que o estado entre unha cousa e outra cada ano ven realizando un gasto militar entre un 15 e un 20% superior ao que presuposta."

O Espazo Aberto Antimilitar lanza outro ano máis a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares (OFGM) baixo o lema: "Os teus impostos matan, ti podes desarmalos". Como cada ano vos propoñemos destinos alternativos aos que enviar os cartos, este ano ademais do propio Espazo son: A Ría Non Se Vende e a Asociación Revolucionaria de Mulleres de Afganistán (RAWA).

"Os teus impostos matan, ti podes desarmalos".

Coa que está caendo (crise económica e os conseguintes recortes sociais), o Goberno vai empregar (como mínimo) a cantidade de 18.160,89 millóns de euros en gasto militar. Cantidade que, obviamente, aportamos todas vía impostos; cantidade que NON será dedicada a pensións, ensino, sanidade ou subsidios, por poñer algúns exemplos.

Esta inversión continuada, descomunal e disparatada en investigación militar, armamento e en manter un exército cada vez máis expedicionario, non contribúe en absoluto a mellorar a seguridade de ninguén. Antes ben, supón un risco para a existencia da vida, e do mesmo planeta.

Programas coma o HAARP* estadounidense, consistente na manipulación da propia atmosfera para poñela ao servizo da eficiencia militar, poñen en evidencia que este risco non é unha hipótese posíbel nun futuro lonxano, senón que é unha realidade plenamente actual.

Páxinas