Gasto Militar español 2010: proposta de cálculo e porcentaxes


Dende Alternativa Antimilitarista - MOC ofrecen o cálculo do Gasto Militar no estado español para o ano 2010. Como veñen facendo nos últimos anos suxiren dous cómputos diferentes: o gasto estricto, e outro máis amplo que denominan “gasto militar + control social” ao que lle engaden o gasto das principais policías e o gasto carcelario.

Á hora de facer o cálculo toman como referencia o que o propio presupostou o pasado outono nos seus Orzamentos Xerais do Estado para 2010 e sinalan que "como ben aclarando o investigador José Toribio nos seus últimos informes, a realidade que aflora no intre de facer as contas ao final de cada exercicio, é que o estado entre unha cousa e outra cada ano ven realizando un gasto militar entre un 15 e un 20% superior ao que presuposta."

ORZAMENTO XERAL DO ESTADO ESPAÑOL 2010: 185.249 millóns de euros.

1 :: “Gasto Militar”, máis estrito e reducido, que só computa partidas claramente relacionadas coas Forzas Armadas (en millóns de euros):

- Orzamento do Ministerio de Defensa: 7.694´86

- Organismos Autónomos do Ministerio de Defensa: 1.218´19

- Centro Nacional de Intelixencia: 241´37

- Clases Pasivas Militares: 3.328´59

- Aportacións a institucións militares estranxeiras: 11´07

- Partidas para investigación militar do Ministerio de Industria: 950´91

- Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS): 617´53

- Intereses sobre a débeda xerada polo Gasto Militar: 1.125´20

- Dirección Xeral da Garda Civil (Institución que forma parte das Forzas Armadas), Formación e Corpos de Reserva: 2.973´17

Sumando estos capítulos, temos un resultado de 18.160´89 millóns de euros. O que fai un 9´8 % en relación co total dos Orzamentos Xerais do Estado.

2 :: Unha segunda cifra que inclue realidades da nosa sociedade que, ao parecer de Alternativa Antimilitarista - MOC, supoñen unha intrusión de formas e valores do militar na mesma. A este segundo cálculo lle chaman “Gasto Militar + Control Social”, e inclue as seguintes partidas (en millóns de euros):

- Todas as anteriores: 18.160´89

- Formación dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado: Policía: 55´76

- Forzas e Corpos de Reserva: Policía: 511´17

- Seguridade Ciudadá: Policía: 2.724´73

- Seguridade Ciudadá: Secretaría de Estado da Seguridade: 320´45

- Seguridade Ciudadá: Xerencia de Infraestruturas e Equipamientos da Seguridade do Estado: 29´21

- Actuacións policiais en materia de droga: policía: 41´27

- Actuacións policiais en materia de droga: Secretaría de Estado da Seguridade: 5´55

- Transferencias internas: Secretaría de Estado da Seguridade: 2´17

- Transferencias internas: Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias: 22´52

- Centros e Institucións Penitenciarias: 1.208´64

- Traballo, formación e asistencia a reclusos: 32´67

Engadindo estes outros capítulos, o resultado é de 23.115´03 millóns de euros. O que fai un 12´47 % dos Orzamentos Xerais do Estado.

Vía: www.antimilitaristas.org/spip.php?article4469