You are here
1º maio: o espazo difunde a campaña pola obxección fiscal 2011
Un ano máis quixemos aproveitar o 1º de maio para sacar ás rúas a nosa postura contraria ao gasto militar, máis aínda en tempo de recortes.
Coma dende hai anos, montamos o posto de información sobre a Obxección Fiscal aos Gastos Militares na entrada da rúa do Príncipe para resolver as dúbidas das que por alí se achegaron. Ao redor da mesa montamos un tanque e puxemos os datos do gasto militar no estado Español en 2010. Aproveitamos as distintas manifestacións para repartir máis de mil folletos informativos sobre a campaña de OF deste ano.