Será o venres 13 de Xuño a partir das 20.00 h na "Cova dos Ratos", coas seguintes actividades:

- Sketchs teatrais a cargo de Semsumis(t)as

- Videos de accións antimilitaristas: Anti NATO (OTAN) 2008

- Música e Petiscos.

Estaremos a vosa disposición para solventar todas as dúbidas de como encher a declaración da renda para poder facer Obxeción Fiscal ao Gasto Militar.

Máis info en: http://galiza.indymedia.org/pt/2008/06/16086.shtml

Pechamos a campaña con:

- Proxección de cortos de accións antimilitaristas.

- Explicación da estratexia de desobediencia civil que é a Obxección Fiscal.

- Resolución de dúbidas á hora de cubrir a Declaración da Renda.

- Debate arredor do antimilitarismo...

+info en: http://galiza.indymedia.org/pt/2007/06/11552.shtml

En Colombia, produciuse outro ataque á Comunidade de Paz de San José de Apartadó, a uns 500 km. da cidade de Medellín.

Nesta comunidade autoorganizada e que se mantén firme nas súas posicións pacíficas fronte ao conflicto armado, voltouse a vivir a traxedia. Os paramilitares asasinaron a Dairo Torres, líder da comunidade de paz. Desde a Comunidad contan que o pasado día 13 foi interceptado o vehículo de servizo público no que viaxaba Dairo por dous paramilitares, os mesmos que un día antes chegaran facendo ameazas contra a comunidade de paz.

etiquetas: 

O sábado 17 de xuño ás seis da tarde, unha trintena de antimilitaristas xuntámonos no cruce entre Príncipe e Colón para levar á rúa a campaña galega pola Obxección Fiscal aos Gastos Militates 2006.

etiquetas: 

- Sábado 1 de abril ás 19:00 no salón de actos da Parroquia do Cristo da Victoria (Coia) rúa Baiona fronte ao instituto Coia 2.

- Xoves 6 de abril ás 20:15 No Centro Crisol de Comercio Xusto r/Camelias, 14

Organiza: Espazo Aberto Antimilitar cargo de membros do Espazo Aberto Antimilitar (formado pola Asociación Caleidoskopio, Grupo Axitación Social, Ateneo Libertario de Vigo e CGT) dentro da "Campaña Galega pola Obxección Fiscal 2006", que levan adiante colectivos e persoas interasadas en difundir o irracional Gasto Militar así como en dar alternativas á cidadanía para combatilo e crear entre todas as persoas outra sociedade.

etiquetas: 

etiquetas: 

Convocamos para unha concentración lúdica na que haberá posto informativo, pase modelos de ropa militar, montaxe de puzzle colectivo... Será no cruce de Príncipe con Colón.

Este acto é parte da Campaña pola obxección fiscal aos gastos militares 2006 "CORTA co MILITARISMO, CORTA co GASTO MILITAR. DESARMA OS TEUS IMPOSTOS"

Máis info en: http://galiza.indymedia.org/pt/2006/06/7395.shtml

Tras facer varias charlas durante o mes de maio, en xuño seguiremos difundindo a desobediencia activa aos gastos militares.

Actividades no mes de xuño:

- Sábado 18 ás 18:00 no cruce de Príncipe coa rúa Colón:

CONCENTRACIÓN ANTIMILITARISTA.

Contaremos cunha mesa informativa sobre a O.F. e paneis informativos. Tamén faremos un mural colectivo e máis cousas...

- Venres 24 ás 20:30 no C.S.A. "A Cova dos Ratos", r/ Romil, 3 Baixo:

Pase do Vídeo: "FORZAS DESARMADAS"

Páxinas