A afirmación parte da interesada difusión dun erro. Suficientes estudos antropolóxicos, por exemplo o de Ashley Montagu "A violencia innata do ser humano é un mito" baseados en investigacións de campo negan tal idea:

etiquetas: 

Na web www.antimilitaristas.org están a publicar unha serie de artigos baixo o título “Mentiras para xustificar o exército español” na que desmontan algunhas afirmacións que lexitiman a presenza do exército.

etiquetas: 

Achegamos o vídeo do acto de presentación da campaña pola OF aos gastos militares 2009:

etiquetas: 

As accións polo fomento dun mundo pacífico abranguen moitas áreas da vida, unha delas é a da ciencia na que tamén se alza a voz en contra da investigación militar. Deste xeito numerosos científicos, universidades, centros de investigación e incluso empresas, non permiten que as súas investigacións e traballos beneficien ou rematen na indústria bélica e armaméntistica.

+info en: noalainvestigacionmilitar.org

Dentro das nosas loitas unha dos camiños que podemos seguir nas nosas vidas é o de facer boikot:

- aos artigos e mercadurias de empresas vencelladas co militarismo

- aos productos feitos en paises en guerra ou que non respeitan os dereitos humanos

- a todolos actos de exaltación dos valores militaristas

- non mercando xoguetes bélicos ou sexistas

+ info: www.boicotpreventiu.org

O Espazo Aberto Antimilitar organiza dentro da campaña pola OF 2009 a proxección do documental "Defendo a miña terra" que conta a loita da veciñanza do pobo palestino de Bilin ante os intentos do goberno israelí de construír unha parte do muro nos seus terreos. Nesa loita a veciñanza conta coa axuda de Anarquistas Contra o Muro que é o destino internacional que o Espazo escollleu para este ano.

Xunto a estes destinos propoñemos apoiar o proxecto de Comida Non Bombas de Coruña e a loita de Galiza Non Se Vende. Ademais os membros do Espazo resolverán calquera dúbida que teñades respecto a OF.

O Espazo quere seguir dando a coñecer a Obxección Fiscal, por iso os martes: 2, 9 e 16 de xuño dende as 20.30 ás 21.00 estamos á vosa disposición na Cova dos Ratos (Romil 3 -Vigo-) para contarvos todo o que queirades -e saibamos- sobre a OF.

O prazo de presentación das declaracións da renda está aberto e queremos que fagades a OF, polo que se tedes algunha dúbida sobre como facela, modo de presentación, informacións do destinos..., ou calquera outra cousa alí nos podedes atopar.

Aquí tedes o panfleto para iste ano, podedes sacar copias e repartilo como vai... pero si preferides adaptalo ao voso gusto ou peculiar realidade, nós encantadísimas.

panfleto 2009, un A4 a duas caras, en pdf, "casi" listo para imprimir.

Os datos dos gastos estan en folla de cáculo de OpenOffice, as gráficas en svg.

Páxinas