Hai sesenta anos creouse a OTAN para organizar a defensa dos Estados de Europa occidental e de Norteamérica ante a Unión Soviética. O final da guerra fría deixou sen razón á OTAN, que de súpeto quedou sen inimigo. Entón iniciouse a reconversión dos seus obxectivos políticos e militares para xustificar a súa existencia.

etiquetas: 

O pasado sábado 4 de abril, xuntámonos unha vintena de persoas convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar no cruce de Príncipe con Colón, comezamos ás seis da tarde e estivemos alí ata as oito.

Durante o acto repartimos trescentos panfletos sobre o aniversario da OTAN e outros trescentos sobre os Gastos Militares para o 2010 e a Obxección Fiscal aos mesmos.

Cada persoa obxectora fiscal decide onde, a que proxecto alternativo quere ingresar os cartos que desvía do IRPF para que, en lugar de ir ao Gasto Militar se dedique a unha verdadeira defensa: do desenvolvimento, do medio ambiente, da cultura, da dignidade das personas…

Todas coñecemos algunha organización ou grupo que traballa nestes campos. Dende os grupos de O.F. sempre propomos varios proxectos:

etiquetas: 
etiquetas: 

Co lema "Plantémoslle cara ás guerras, plantémoslle cara á OTAN" o espazo aberto antimilitar convoca un acto de rúa anti-OTAN co fin de presentar a campaña de Obxección Fiscal 2009. Este ano a campaña aproveita o 60 aniversario desta organización para poñer en evidencia as súas actuacións nestes anos.

O acto de rúa será o sábado 4 de abril ás 18.30 no cruce de Colón coa rúa do Príncipe.

“A guerra non se fai para gañala, faise para que sexa continua. O acto esencial da guerra moderna é a destrución dos produtos do traballo. A sociedade xerárquica só é posíbel baseándose na pobreza e na ignorancia. Por principio o esforzo bélico planifícase para manter á sociedade ao borde da inanición. A guerra faina o grupo dirixente contra os seus propios súbditos e o seu obxecto non é a vitoria sobre Eurasia ou Estasia, senón manter intacta a mesma estrutura da sociedade”

Fragmento do filme “1984”

Co gallo do 60 aniversario da organización militar que leva por nome OTAN queremos manifestar:

Desde a fin da chamada Guerra Fría, dito organismo reinventouse a si mesmo como unha ferramenta para a acción militar da intitulada “comunidade internacional”. Porén, trátase dun medio de natureza exclusivamente militar co obxecto de arbitrar medidas excepcionais en caso de conflito armado. A OTAN foi ideada polos Estados Unidos de Norteamérica para un fin moi concreto –a guerra- e conta con bases militares por todos os continentes, ninguneando o control da ONU e mesmo do dereito internacional, acelerando a militarización da sociedade e incrementando o gasto en armamento dos respectivos gobernos aliados. Aspecto a ser tido moi en conta xa que os países da OTAN representan o 75% dos gastos militares a escala planetaria.

etiquetas: 

O pasado sábado 15, ao mesmo tempo que en todo o mundo miles de persoas se manifestaban e se concentraban para lembrar as primeiras movilización contra a criminal guerra de Iraq, que aínda hoxe é causa de morte alí e vergonza en Occidente pola connivencia dos Gobernantes. Fixemos en Vigo a presentación pública da campaña deste ano pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares.

etiquetas: 

Será o venres 13 de Xuño a partir das 20.00 h na "Cova dos Ratos", coas seguintes actividades:

- Sketchs teatrais a cargo de Semsumis(t)as

- Videos de accións antimilitaristas: Anti NATO (OTAN) 2008

- Música e Petiscos.

Estaremos a vosa disposición para solventar todas as dúbidas de como encher a declaración da renda para poder facer Obxeción Fiscal ao Gasto Militar.

Máis info en: http://galiza.indymedia.org/pt/2008/06/16086.shtml

Páxinas