You are here
Actividades da campaña de Obxección Fiscal en Vigo
Tras facer varias charlas durante o mes de maio, en xuño seguiremos difundindo a desobediencia activa aos gastos militares.
Actividades no mes de xuño:
- Sábado 18 ás 18:00 no cruce de Príncipe coa rúa Colón:
CONCENTRACIÓN ANTIMILITARISTA.
Contaremos cunha mesa informativa sobre a O.F. e paneis informativos. Tamén faremos un mural colectivo e máis cousas...
- Venres 24 ás 20:30 no C.S.A. "A Cova dos Ratos", r/ Romil, 3 Baixo:
Pase do Vídeo: "FORZAS DESARMADAS"
O movemento antimilitarista visto polo programa da 2, "Línea 900".
- Xóves 30 ás 12:00 da mañá diante da sede de Facenda:
CONCENTRACIÓN ANTIMILITARISTA
Mesa e paneis informativos, entrega colectiva de declaracións.
"GASTO MILITAR do Estado español para o 2005"
Nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2005 o Gasto Militar supón máis do 11'5% do gasto público, com moitas partidas disimuladas noutros ministerios. A cantidade resultante é superior aos 18 mil millóns de euros, uns 52 millóns de euros diarios, arredor de 450 euros por persoa e ano.
Gasto Militar é 5,4 veces o dedicado para ao Minesterio de Medio Ambiente, 4,2 veces o dedicado o Ministerio de Educación e Ciencia, 40 veces máis que o gastado en Cooperación para o Desenvolvemento, 17 veces o do Ministerio de Cultura...
Os cartos dedicados a investigación militar supoñen case 3 veces máis que os dedicados a investigación científica básica; máis de 5 veces a investigación sanitaria e 22 veces a investigación agraria. Só 5 empresas vinculadas á industria militar levan o dobre do diñero que reciben o conxunto de todas as Universidades e o CSIC para I+D civil.
Un dos problemas angadidos a esta política é que para xustificar o investimento éntrase no mercado mundial da exportación de armamento, favorecendo a guerra nunhas zonas cunha situación xa bastante delicada, e donde non se respeitan os dereitos humanos.
Máis info en: http://galiza.indymedia.org/pt/2005/06/3648.shtml