Alternativa Antimilitarista MOC berra "NON A GUERRA", desta banda oponse aos bombardeos en Libia. Nesta misión cómpre lembrar que está o exército español enviado polo goberno do PSOE que tanto lles gustou berrar eses lemas cando as tropas estaban en Iraq.

Otra vez la comunidad internacional, bajo mandato de la ONU, decide iniciar bombardeos contra un país con la excusa de defender la democracia. Otra vez se ataca a un dictador que ha sido armado por los países “salvadores”. Otra vez es un país con grandes riquezas petrolíferas. Esta vez le ha tocado a Libia. Otra vez desde Alternativa Antimilitarista MOC nos oponemos a una nueva intervención militar.

Hai uns días podiamos ler nunha web que Xosé Manuel Pérez Bouza, senador do BNG, pedía a instalación en Trasmirás (Ourense) dun "Centro de Excelencia de aviones no tripulados (UAV) del consorcio europeo EADS".

Non sabemos que función concreta cumprirían esas instalacións, pero negámonos a que Galiza acolla no seu territorio á industria da guerra e ao exército. Da noxo escoitar os argumentos do BNG defendendo que dito centro "podría contribuir a dar un gran impulso a la economía de la zona", retrátanse así mesmos con propostas coma esta.

Tedes a nova completa neste enlace: blog.elgrancapitan.org/?p=11863

O Centro Delàs presenta o informe: "Exportacións españolas de armamento 2000-2009", elaborado por Tica Font, investigadora do propio centro.

No informe amósase a consolidación do Estado Español como un dos exportadores de armas mundial máis competitivo, só detrás das grandes potencias. Ademais, as vendas españolas non respectan na súa maioría a lexislación estatal e da Unión Europea de venda de armamento.

Chaman a atención no informe datos coma estes: "Las exportaciones españolas de material de defensa de 2009 han alcanzado el valor de 1.347 millones de euros, y en el contexto de los 10 años, entre 2000 y 2009 suponen una media anual de 498 millones de euros" ou que "La participación española en el mercado mundial de armamento supone aproximadamente un 4% del total de este mercado".

Esta semana en Euskadi fixeron unha concentración as xentes de Kakitzat (KOORDINADORA ANTIMILITARISTA) en contra do militarimo. Así resumiron o acto explicando as razóns do mesmo:

Esta mañana se ha realizado una concentración en el Gobierno Militar bajo el lema “Hoy Más Que Ayer Militarismorik EZ!”. En esta movilización han participado personas que en su momento se declararon insumisos. Algunos de ellos fueron juzgados, condenados e ingresaron en prisión por su apuesta por la Desobediencia Civil.

Dende o comezo de ano Oriente Medio e moitos países do norte de África están a ver como as súas rúas e prazas son tomadas por milleiros de persoas en defensa da liberdade. Os anos de represións e a pobreza da maioría, que ve como uns privilexiados acumulan riqueza de todas está a causar importantes revoltas.

Os réximes responden a elas con violencia e utilizan para isto armas que nos últimos anos vendeulle o Estado español e outros países da U€. Nun artigo publicado en Periodismo Humano analizan esta situación e as implicacións de España. O podedes ler pinchando aquí.

O Centro Delàs presenta un informe sobre a Militarización en América Latina, realizado por Pere Ortega e Juan Sebastián Gómez.

Os capítulos do informe son os seguintes:

1. O intervencionismo actual de Estados Unidos

2. O gasto militar en América Latina

3. O comercio de armas internacional en América Latina

4. Os índices de militarización dos países de América Latina

5. Perigos e ameazas para a paz

Podedes descargar o informe pinchando aquí.

O Centro Delàs presenta o informe: "A verdade do gasto militar español 2011. Gasto e I+D militar en tempos de crise", no que se constata que nunha situación de grave crise económica e de presión internacional para a redución do déficit, o Goberno español opta por continuar privilexiando o gasto e a R+D militar por enriba doutros como os de sanidade ou educación, que ven reducidos os seus orzamentos en maior contía que o militar.

Os seus autores son Pere Ortega e Xavier Bohigas, ambos os dous investigadores do Centro Delàs. Podedes descargar o informe neste enlace: www.centredelas.org/attachments/654_Informe7_cas.pdf

Na páxina de Insumissia están colgados os datos recollidos da campaña pola OF feita no Estado Español no 2010.

TOTAL OBJECIONES EN EL ESTADO: 609 objeciones – 59.111’02 € Datos campaña anterior (2009): 820 objeciones –80.655´71 €

Páxinas