Coincidindo coa presenza en Vigo de Mitra representante de RAWA a radio Piratona dedicoulle un especial que foi gravado 11 de decembro no que explicou a realidade dun Afganistán ocupados por tropas estranxeiras.

Após a reunião havida em Coimbra a 01/12/2010 e no seguimento da Assembleia da PAGAN de dia 14/12/2010, chegou-se às seguintes conclusões:

etiquetas: 

Dende Colombia enviannos unha experiencia moi interesante chamada WarLab Odio su guerra, que consiste nun "laboratorio que estudia y cartografia el proceso de militarizacion que se realiza desde estados unidos, articulado a la estrategia del espectro completo".

etiquetas: 

Achegamos un texto do Col·lectiu Antimilitarista de Sant Cugat titulado: "Fora militars de les nostres vides".

Tot just quan el consell de ministres acaba de renovar l’estat d’alarma, des del CASC volem expressar la nostra indignació.

O pasado sábado 11 de decembro Mitra, compañeira de RAWA, achegounos con claridade como é a vida da poboación afgá tras anos de guerra e nestes momentos sufrindo a ocupación das tropas da OTAN.

Mitra comezou explicando, coa axuda de Irene que traducía, os graves problemas que sofre un Afganistán que se atopa no penúltimo lugar do mundo en canto a índice de desenvolvemento humano e no que o 80% da súa poboación está na pobreza. Sinalou tamém que as distancias entre ricos e pobres medran, exemplo disto é que na capital estanse a construír moitos servizos para os señores da guerra-droga que posúen grandes fortunas.

Quiso tamén deterse nos problemas que sofren as mulleres, vítimas de violencia dentro das familias, de matrimonios forzados, de agresións coma mutilacións ou queimaduras...; todo isto está na base do fenómeno da autoinmolación única saída que ven moitas mulleres.

O Espazo co fin de achegar a terrible situación na que se atopa a poboación afgana vítima de anos de guerra organiza unha charla que leva por título: "Afganistán, a súa realidade, vivida e contada polas mulleres" a cargo de Mitra, activista de RAWA (Asociación Revolucionaria das Mulleres de Afganistán).

Será o sábado 11 de decembro ás 19h30 no CSA "Cova dos Ratos" (Romil 3, Vigo).

Presentación de Mitra Shomal:

Nacida en Kabul en 1984, Mitra Shomal trasladouse xunto a súa familia ao exilio afgán para sobrevivir no Paquistán.

O goberno monicreque ruso remataba de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse a "Asociación Revolucionaria dás Mulleres de Afganistán (RAWA, www.rawa.org) e comezou a dar clases nas escolas da organización.

No xornal Diagonal podemos ler un artigo que analiza o cumio de Lisboa no que se aprobou un concepto estratéxico que ratifica a súa vontade de intervir en calquer lugar do planeta:

etiquetas: 

Coincidindo coa celebración do cumio da OTAN en Lisboa nesa cidade fixéronse ao longo da semana pasada numerosos actos en contra desa organización criminal.

Dende o Espazo convocamos un acto de rúa -para as que non puideran achegarse as mobilizacións de Lisboa- o sábado 20 de novembro no cruce de Colón con Príncipe baixo o lema "Agora e sempre, OTAN NON".

Páxinas