Segundo a nova publicada polo xornal Público, a Policía Militar estivo instruíndo oficiais e tropa do "Regimiento de Caballería Ligero Acorazado Lusitania nº8", o mesmo que participou no fallido golpe de estado do 23F de 1981, en exercicios de "control de masas".

Segundo unha fonte entrevistada polo mesmo xornal: "Rumoreábanse e sospeitábanse moitas cousas da finalidade destes exercicios, que eran absolutamente estraños tendo en conta as características do Regimiento Lusitania, que é unha unidade acorazada, é dicir, de blindados. O que opinaba a xente é que todos os días se ve moita tensión na rúa, que hai moitas revoltas... entón pénsase que se a Policía se vise desbordada, entón, e ao amparo da Constitución, as Forzas Armadas son as que teñen que tomar automáticamente o mando

Ao longo das xornadas organizadas tanto en Vigo como Morrazo sobre antimilitarismo e historia da insubmisión nestes últimos meses, xurdiu sempre o cuestionamento dos froitos daquel movemento, á marxe da posible precipitación da fin do servizo militar obrigatorio, e a dúbida de se deixou ou non algún pouso real na sociedade.

Esta mesma semana, no semanario catalán La Directa podemos atopar unha resposta, por parte dun membro do movemento de oposición ao Pla Caufec encausado pola súa loita contra este proxecto urbanístico: "Viñamos doutras experiencias políticas, mirabamos cara Itoiz (en Navarra, onde houbo unha grande oposición a un encoro); viñamos da insubmisión ao exército e comozamos a practicar outro tipo de oposición. Queriamos visibilizar o conflito na rúa e puxemos en marcha accións de desobediencia civil non violenta".

O pasado sábado 25 inaugurouse a presenza da exposición "25 anos de insubmisión" no centro social O Fresco (enlace), de Ponteareas. O acto, organizado polo Ateneo Lume Negro (enlace) e o propio centro social, consistiu nunha charla na que fixemos un breve repaso da historia do antimilitarismo, os seus principios e  vixencia  destancando, por suposto, o que supuxo a loita da insubmisión.

Este sábado remataron as Xonadas Antimilitaristas do Morrazo cunha charla sobre a historia da inbsubmisión en Galiza na que participaron antigos insubmisos e obxectores dunha e outra banda da Ría de Vigo.

Logo deste acto, a exposición "25 anos de insubmisión"  trasladarse ao Condado, en concreto á vila de Ponteareas. Alí  poderedes atopala, a partir do vindeiro sábado 25, data na que se inaugurará ás 20:00h, nas paredes do centro social O Fresco.

As xentes de Alternativa Antimilitarista - MOC ofrecen, outro ano máis, as cifras da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2014 no Estado Español. Os resultados son os seguintes:

TOTAL OBXECCIÓNS No ESTADO: 773 OF – 91.812’61 € (143 OF menos que en 2013).

Os datos na Galiza son os seguintes:

O Espazo Aberto Antimilitar participará nunhas xornadas antimilitaristas organizadas en Cangas os días 10 e 18 de outubro. Animámosvos a todas/os a asistir e participar desta iniciativa desenvolvida no veciño concello do Morrazo.

O venres 10 de outubro a partires das 20:00 inaugurase a mostra de fotos "Movemento de insubmisión en Vigo" con imaxes do MOC, para a continuación escoitar a charla: "Obxección Fiscal ao gasto militar".

Barrio Canino, programa da radio libre Ágora Sol Radio, sumouse tamén á conmemoración dos 25 anos de insubmisión cumplidos neste 2014 cun programa adicado por completo a este tema e á presentación do libro "Teoría e Historia de la Revolución Noviolenta", escrito por un integrante da Asamblea Antimilitarista de Madrid.

A finais do mes de agosto materializouse un proxecto que levaba varios meses en preparación; o nacemento dunha nova páxina antimilitarista, centrada neste caso en combater a militarización da xuventude.

Páxinas