espazo aberto antimilitar


Tal como anunciamos hai uns días nesta web, o pasado domingo estivemos en Curtopía aproveitando o espazo que as compañeiras e compañeiros que organizan este festival quixeron reservar para tratar o tema do militarismo e a loita antimilitar.

Para todas aquelas que non puidestes asistir, deixámosvos aquí os enlaces aos vídeos proxectados:

Discurso veterano de guerra (5’) - www.youtube.com/watch?v=JFOmnAjk1EQ&feature=related

Como podedes ver non é unha curta propiamente dita, senón unha montaxe feita a partir das declaracións deste ex-soldado. A calidade visual non é moi boa, pero parecianos interesante amosalo pola reflexión que fai, tanto da súa propia participación nas operación militares, como, sobre todo, pola análise da engranaxe da guerra, o papel da industria e o gasto militar e a identificación dos verdadeiros inimigos do pobo estadounidense, extrapolables a calquera outro.

Co motivo do seu décimo aniversario, o ateneo libertario Lume Negro de Ponteareas ven de publicar un libro onde recollen as aportación daqueles colectivos e persoas que nesta última década teñen pasado polas súas tardes libertarias ou colaborado dalgún xeito co ateneo, entre eles o Espazo Aberto Antimilitar.

Dende aquí mandamos un saúdo aos compañeiros e compañeiras do ateneo, felicitámolos polos seus dez anos de vida e convidámosvos a todas a asisitir ás súas VI Tardes Libertarias, que terán lugar os vindeiros días 1 e 2 de novembro na Casa dos veciños e veciñas de Angoares.

Como sinalan na súa web a "publicación consta de 154 páxinas, e inclúe textos de: Félix Rodrigo Mora, Miguel Martínez, Pedro García Olivo, Miguel Amorós, Gato Negro, Lucio Urtubia e máis persoas e colectivos que ao longo destes dez anos colaboraron ou colaboran co Ateneo Libertario Lume Negro."

"Curtopía 2013 - Mostras culturais, música e moita festa! - 28 e 29 de setembro - alga lab, Valadares, Vigo" deste xeito presentase o festival Curtopía 2013 ao que o Espazo Aberto Antimilitar está convidado.

Estaremos o domingo 29 a partires das 13h00 para proxectar cinco curtas: Discurso veterano de guerra (5’); Are yu a patriot? (3’); Acción 2013 contra Xunta Accionistas BBVA (2’); Acción 2012 contra Xunta Accionistas BBVA (3’) e Nato Game Over (1’).

A través desta breve mostra poderemos achegarnos á realidade das guerras e reflexionar sobre os papeis dos diferentes axentes implicados nelas e as súas motivacións, deixando un espazo para aproximarnos ás loitas antimilitaristas tan necesarias hoxe como antano.

Podedes ver a programación e toda a información do festival na súa web na que ademais de curtametraxes haberá tamén Djs, concertos... todos os datos en: curtopia.es

O 1 de Xuño a cidadanía europea manifestarase de xeito conxunto baixo o lema "POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA". Os estados portugués, francés, italiano, galego, escocés, español, grego, alemán... participarán nunha xornada de loita conxunta contra os tres responsables das medidas de austeridade: BCE, FMI e CE.

Ese sábado 1 de Xuño, ás 12:00 Vigo sairá á rúa nunha manifestación que percorrerá as rúas da cidade dende a Praza de España á Porta do Sol. Velaquí tedes o texto desta convocatoria:

O 1 de xuño as vítimas do capitalismo saímos as rúas de Europa. Saímos en contra dese sistema baseado na inxustiza social, a degradación medioambiental, o empobrecemento da maioría da poboación e a explotación dxs de abaixo por parte dxs de arriba.

Pobos de toda Europa protestamos pola ditadura da troika (FMI, BCE e Comisión Europea). Levantámonos contra a hexemonía dese “Mercado”, que queren facernos crer que é impersoal, cando en realidade é un complexo mafioso composto por banqueiros, especuladores financeiros e inmobiliarios e por unha casta política allea á realidade das persoas.

No Espazo Aberto Antimilitar estamos a preparar a campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares.Este ano faremos especial fincapé na industria militar, a presentación da campaña a faremos o vindeiro venres 13 cunha charla a cargo de Jordi Calvo (Centro Delás) sobre estes temas.

O que si adiantamos son os destinos que propoñemos este ano para desviar os cartos das vosas declaracións:

- “Asemblea pola defensa do Barrio do Cura”: espazo de confluencia de diferentes persoas que decidiron plantar cara á especulación urbanística que ameaza este pequeno reduto do Casco Vello de Vigo, recuperando a capacidade de intervención das veciñas e veciños na xestión do territorio que habitamos.