barrio Cura


Este sábado 30 de xuño celébrase en Vigo o IV Encontro da Rede de Hortas da zona de Vigo.

Pola mañá a partires das 12h30, coñeceremos a horta do Barrio do Cura, que organiza esta vez o encontro, e poderemos xuntarnos para compartir novas propostas, novos encontros ou futuras actividades da rede...

E pola tarde -dende as 16h30- de acordo coa idea de aproveitar os encontros tamén para facer algún obradoiro de interese  para as hortas, poderemos aprender un pouco sobre o tratamento de pragas e enfermidades nas plantas de cultivo grazas a Jacobo, labrego de Redondela, que virá ata o encontro para explicárnolo e tentar resolver as dúbidas que teñamos.

Vémonos o sábado.

Lembrade traer o xantar, e difundir a convocatoria entre os vosos contactos!

Se tedes algunha dúbida ou queredes consultar algo: redehortasvigo@yahoo.com ou cascokupa@hotmail.com

Esta fin de semana o barrio acolleu as segundas xornadas en defensa do Barrio do Cura. A pesar da choiva, fíxose o roteiro e tamén o xantar (na cova dos ratos) e o obradoiro de horta e a foliada aplazáronse para outro dia aínda sen determinar.

Unhas xornadas nas que pretendiase o fortalecemento do proxecto e que máis xente unírase e obxectivo cumprido, dous anacos máis de terra cedéronse a xente que vai usalos.

---

Fonte: www.orballo-vigo.blogspot.com.es/2012/04/ii-xornadas-en-defensa-do-barrio-do.html

Un dos grupos propostas como destino da campaña pola OF 2012, a Asemblea pola defensa do barrio do Cura, organiza o vindeiro sábado 14 de abril as II Xornadas en Defensa do Barrio do Cura. O programa é o seguinte:

12h00 - Roteiro guiado: descubre a zona máis descoñecida e ameazada do Casco Vello de Vigo. Sairá da oliveira situada no Paseo de Alfonso

No Espazo Aberto Antimilitar estamos a preparar a campaña 2012 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares.Este ano faremos especial fincapé na industria militar, a presentación da campaña a faremos o vindeiro venres 13 cunha charla a cargo de Jordi Calvo (Centro Delás) sobre estes temas.

O que si adiantamos son os destinos que propoñemos este ano para desviar os cartos das vosas declaracións:

- “Asemblea pola defensa do Barrio do Cura”: espazo de confluencia de diferentes persoas que decidiron plantar cara á especulación urbanística que ameaza este pequeno reduto do Casco Vello de Vigo, recuperando a capacidade de intervención das veciñas e veciños na xestión do territorio que habitamos.