O ministro Morenés cifra en 27000 os efectivos necesarios para facer fronte ás misións no exterior, así como á “defensa do territorio” e 15000 como forza de intervención rápida en misións internacionais. Nestes momentos hai tropas do exército español en: Bosnia e Herzegovina, Mali, Gabón, Chad, República Centroafricana, Turquía, Líbano, Iraq, Afganistán, Somalia, Yibuti e tamén no Mar Báltico, no Mediterráneo, en augas de Somalia, no Golfo de Adén e no Corno de África.
E no interior
Porén, considera igualmente preciso contar con 12000 efectivos para a vixilancia marítima e aérea a “seguridade interna”. Entre as funcións internas do exército atópanse as desenvolvidas pola UME, entre elas a ocupación das tarefas de loita contra incendios desenvolvidas antes por profesionais (que reivindicaban os seus dereitos) ou o “preservar a seguridade e benestar da cidadanía en supostos de risco, catástrofe, calamidade ou outras necesidades públicas”.