gaza


Onte o barco cargado de activistas internacionais que ía dirixido a Gaza foi, de novo, interceptado polo exército de Israel en augas internacionais.

etiquetas: 

O Marianne, un dos  barcos da III Flotilla da Liberdade que navega rumbo a Gaza para tentar romper o infame bloqueo a que Israel somete a Faixa desde hai 8 anos, chegará a Bueu o sábado 30 de maio ás 12:00. Ficará amarrado no porto até a mañá do luns 1 de xuño, momento en que partirá con destino a Lisboa, a seguinte parada da travesía que o levará a asediada Faixa de Gaza.

Máis info: www.bds-galiza.org

etiquetas: 

Esta tarde varias localidades de Galiza, e tamén do Estado Español, acolleron actos en repulsa da masacre que está a sufrir o pobo palestino a mans de Israel.

Achegamos un texto da Red Solidaria Contra la Ocupación de Palestina (RESCOP) para animar a participar nestas mobilizacións:

O exército de Israel volveu a amosar a súa crueldade, desta banda asasinando as 16 activistas e ferindo a moitos máis que se dirixían a Gaza a levar axuda humanitaria na Flotilla Solidaria.

A prensa destes días está a ofrecer moita información do ataque, aquí deixamos a nova aparecida en Periodismo Humano sobre o ataque:

Al menos 16 muertos en el ataque de Israel a la flota humanitaria

Barco a Gaza é unha iniciativa de solidariedade concreta con Gaza. O noso obxectivo é, axiña como sexa económica e practicamente factible, enviar a Gaza un barco cargado con bens de primeira necesidade dende Escandinavia, facendo escala en portos de Europa e o Mediterráneo. Nos portos visitados realizaranse actos culturais e de solidariedade, en cooperación con organizacións locais.

etiquetas: