You are here
Israel volve asaltar a Flotilla da Liberdade
Onte o barco cargado de activistas internacionais que ía dirixido a Gaza foi, de novo, interceptado polo exército de Israel en augas internacionais.
Ao redor da unha da mañá o exército israelí abordou o barco que segundo "os responsables da III Flotilla, que buscaba romper o bloqueo marítimo imposto por Israel aos habitantes de Gaza dende hai oito anos, acusan a Israel de "cometer un acto de pirataría en augas internacionais". "Non só condenamos os crimes israelís e a impunidade coa que actúa tanto en Gaza coma no resto do Mediterráneo, senón a complicidade daqueles gobernos que co seu colaboracionismo sustentan e financian a ocupación de Palestina".