You are here
A presenza do exército español no exterior e no interior
O ministro Morenés cifra en 27000 os efectivos necesarios para facer fronte ás misións no exterior, así como á “defensa do territorio” e 15000 como forza de intervención rápida en misións internacionais. Nestes momentos hai tropas do exército español en: Bosnia e Herzegovina, Mali, Gabón, Chad, República Centroafricana, Turquía, Líbano, Iraq, Afganistán, Somalia, Yibuti e tamén no Mar Báltico, no Mediterráneo, en augas de Somalia, no Golfo de Adén e no Corno de África.
E no interior
Porén, considera igualmente preciso contar con 12000 efectivos para a vixilancia marítima e aérea a “seguridade interna”. Entre as funcións internas do exército atópanse as desenvolvidas pola UME, entre elas a ocupación das tarefas de loita contra incendios desenvolvidas antes por profesionais (que reivindicaban os seus dereitos) ou o “preservar a seguridade e benestar da cidadanía en supostos de risco, catástrofe, calamidade ou outras necesidades públicas”.
Isto é, controlar a poboación en casos de posible estoupido social. Pero tamén defender os intereses das grandes empresas, como ocorreu en Canarias onde un buque da armada estivo protexendo as sondaxes de Repsol, arremetendo incluso contra un barco de Greenpeace e ferindo unha activista. E, dende logo, todas aquelas que o goberno considere necesarias para a súa defensa, á marxe do emprego do resto de corpos represivos.