A fin de semana que ven a Ría de Vigo volverá a acoller o Festival Aéreo de Vigo que fará voar sobre a nosa costa unha morea de avións de guerra de distintos exércitos.

O Espazo Aberto Antimilitar de Vigo rexeita este tipo de actos e como di o lema deste ano a súa intención é simular a paz en tempos de guerra, mentres as tropas españolas extendense por Afganistán, Líbano, Somalia, etc.

Achegamos a entrevista a Malalai Joya, ex diputada afgana, que defende os dereitos do pobo afgano e que está a denunciar a situación na que se atopa o seu país por mor da ocupación de tropas estranxeiras.

Deixamos algunhas das súas palabras sobre diferentes aspectos da realidade de Afganistán:

O pasado sábado 19 de xuño o Espazo Aberto Antimilitar saía á rúa para visibilizar as enormes contías que o Estado invirte na guerra, no ano pasado ese gasto supuxo o 12,47% do orzamento total.

Hai algo máis dun mes convidamos a Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Delas - Justícia i Pau) para que nos explicara que está a facer o exército español en Afganistán.

Achegamos este vídeo que explica con moita claridade as razóns de porqué facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares:

Se pensas que un gasto militar de 23.115'03 millóns euros (o 12,47% do Orzamento Xeral do Estado Español) é inaceptable achégate ás actividades que no mes de xuño organizamos dende o Espazo Aberto Antimilitar contra os gastos militares:

- Charla/debate: xoves 17 ás 20h30 no CSA Guindastre (Xulián Estévez 22, Teis)

O exército de Israel volveu a amosar a súa crueldade, desta banda asasinando as 16 activistas e ferindo a moitos máis que se dirixían a Gaza a levar axuda humanitaria na Flotilla Solidaria.

A prensa destes días está a ofrecer moita información do ataque, aquí deixamos a nova aparecida en Periodismo Humano sobre o ataque:

Al menos 16 muertos en el ataque de Israel a la flota humanitaria

Deixamos o audio da charla celebrada na Cova dos Ratos que levou por título: "O intervencionismo do exército español, caso de Afganistán"  a cargo de Alejandro Pozo (investigador do Centre d'Estudis per la Pau J.M. Dels - Justícia i Pau.

Podedes descargar a presentación que usou Alejandro na charla neste pinchando neste enlace.

Páxinas