borrador


O pasado 6 de abril comezou a campaña oficial do Ministerio de Facenda para o IRPF por internet. Poñen a disposición das contribuíntes borradores e datos fiscais ou a posibilidade de realizar a declaración co programa Padre a través de internet.

Dende o luns de 2 abril Facenda xa permite acceder ao borrador da declaración da renda 2012 e no caso de estares dacordo confirmalo. Dende o Espazo Aberto Antimilitar animamos a que outro ano máis fagades Obxección Fiscal aos Gastos Militares nas vosas declaracións, por iso pedimos que non confirmedes o borrador, xa que de facelo perderedes a opción de facer este acto de desobediencia civil en contra do militarismo.