You are here
Non confirmes o borrador da túa declaración!
Dende o luns de 2 abril Facenda xa permite acceder ao borrador da declaración da renda 2012 e no caso de estares dacordo confirmalo. Dende o Espazo Aberto Antimilitar animamos a que outro ano máis fagades Obxección Fiscal aos Gastos Militares nas vosas declaracións, por iso pedimos que non confirmedes o borrador, xa que de facelo perderedes a opción de facer este acto de desobediencia civil en contra do militarismo.
Para facer OF hai que facer a declaración manualmente ou co programa PADRE, polo momento non sabemos facela naquelas que se presentan por vía telemática.
Para resolver as dúbidas que teñades sobre a OF (como facela, que é, etc.) non dubidedes en contactar con nós no mail: info@nonaogastomilitar.org