You are here
Non lle fagas caso a Facenda, desarma os teus impostos coa Obxección Fiscal
O pasado 6 de abril comezou a campaña oficial do Ministerio de Facenda para o IRPF por internet. Poñen a disposición das contribuíntes borradores e datos fiscais ou a posibilidade de realizar a declaración co programa Padre a través de internet.
Dende os distintos colectivos que animamos no estado a campaña de Obxección Fiscal ao Gasto Militar pedimos que non se confirmen agora ningunha das propostas de facenda e que se presenten as declaracións impresas rectificadas en papel, a partir do 10 de maio, cando comeza a campaña presencial, durante a que se poden levar as declaracións ás oficinas de facenda ou ás entidades financeiras colaboradoras.
Algunhas cifras sobre o gasto militar no estado español: www.antimilitaristas.org/spip.php?article5605 - www.nodo50.org/objecionfiscal - www.grupotortuga.com/Tus-718-euros-que-el-estado-dedica