O Espazo Aberto Antimilitar continúa coas charlas de presentación da campaña de Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2015. Nesta ocasión o novo local de Árbore (López Mora 30 - Vigo) acollerá este acto o venres 29 de maio ás 20:30.
O Espazo Aberto Antimilitar é un grupo vigués formado por colectivos e persoas que traballan pola construción dunha sociedade máis xusta e desmilitarizada.