orzamentos


Novas coma esta deixan de manifesto as prioridades dos últimos gobernos:

La Marea publicou onte a seguinte nova sobre o incremento do gasto no Ministerio de Defensa:

Por primeira vez dende o considerado inicio da crise, o governo incrementa a cantidade inicial (que previsiblemente, como é habitual, rematará sendo un 30% maior) de cartos destinados ao gasto militar.

É especialmente relevante o aumento do gasto adicado a I+D militar (medra un 43.5% repecto ao 2014), aínda que son os "Programas Especiais de Armamento" (PEAS) e as operacións militares no exterior os principais destinos do orzado.

Estas datos, entre outros,  proporciónaos o Centre d'Estudis per la Pau Delàs no seu novo informe  “Inercia, despilfarro y engaño en el gasto militar. Análisis del presupuesto de defensa español del año 2015" que podedes ler aquí.

Nun intervalo de tempo bastante curto chegaron a nós dous documentos que amosan a realidade do gasto militar en España.

Un deles elaborado pola xente do colectivo Utopía Contagiosa e que leva por título: "Los presupuestos de Defensa engañosos y el gasto militar".

As compañeiras de Utopía Contagiosa tras un análise máis exhaustivo das contas presentadas polo goberno no proxecto de orzamentos 2012 elaboraron as seguintes conclusións:

- el total del gasto militar del ejercicio 2012 es de un monto de: 18.337,07 millones de euros (un poco más de 3 billones de pesetas).

Achegamos os datos referidos ao gasto militar no Estado Español no ano 2010 que alcanzaron os 17.217,88 millóns de euros. Os presentamos desglosados :

- Ministerio de Defensa: 8.560,09 millons

- Garda civil: 2.790,96

- Créditos I+D militar: 770,71

- Clases pasivas militares:352,15

- Instituto Social Fuerzas Armadas:624,89

- Organismos militares internacionais: 9,82

- Intereses débeda por gasto militar: 1.209,26

Fronte a estes datos temos os doutros ministerios: Sanidade:  4.254,00 millóns, Ministerio de Educación:  2.840,58 millóns, Servizos Sociais:  2.515,00 millóns e Ministerio de Cultura: 789,30 millóns.