You are here
O estado español aumenta o orzamento militar para o 2015
Por primeira vez dende o considerado inicio da crise, o governo incrementa a cantidade inicial (que previsiblemente, como é habitual, rematará sendo un 30% maior) de cartos destinados ao gasto militar.
É especialmente relevante o aumento do gasto adicado a I+D militar (medra un 43.5% repecto ao 2014), aínda que son os "Programas Especiais de Armamento" (PEAS) e as operacións militares no exterior os principais destinos do orzado.
Estas datos, entre outros, proporciónaos o Centre d'Estudis per la Pau Delàs no seu novo informe “Inercia, despilfarro y engaño en el gasto militar. Análisis del presupuesto de defensa español del año 2015" que podedes ler aquí.