presentación


Un ano máis, os gastos militares increméntanse; un ano mais, cartos públicos vanse adicar á adquisición de avións, tanques, barcos e demais letal chatarra, e ó mantemento dun inmenso exército presuntamente humanitario; un ano mais, as carencias en sanidade e educación públicas, en pensións, en rendas de integración social, son mais que evidentes.
Un ano mais, o poder non nos vai preguntar se estamos dacordo ou non con esta política de gastos.

Antes de comezar lembra que TODO O MUNDO PODE FACER OBXECCIÓN FISCAL AO GASTO MILITAR

O estado recada impostos durante todo o ano a todas as persoas da sociedade, e o fai de moitas formas, non só mediante o IRPF. Deste diñeiro destina unha gran parte para o exército, a policía e a preparación de guerras. A declaración do IRPF supón unha magnífica oportunidade de recuperar este diñeiro e destinalo a un fin xusto.

Por iso lembrámosche que:

"Non sería unha medida violenta e sanguenta que mil homes se negasen a pagar os seus impostos este ano, pero si o sería pagalos e capacitar así ao Estado para cometer actos violentos e derramar sangue inocente." Henry D. Thoureau

Páxinas