Campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2005


"Non sería unha medida violenta e sanguenta que mil homes se negasen a pagar os seus impostos este ano, pero si o sería pagalos e capacitar así ao Estado para cometer actos violentos e derramar sangue inocente." Henry D. Thoureau

Vivimos tempos de globalización neoliberal, crise ecolóxica global e o que semella vontade de guerra global permanente. Os gastos militares mundiais retornan a níveis da Guerra Fría. A Investigación e Desenvolvimento (I+D) está a ser militarizada. Ao tempo que medran as diferenzas sociais dentro e entre países. O Estado español e o conxunto da Unión Europea non son alleos a este alarmante fenómeno, e exemplo disto é que o texto que pretenden sexa a Constitución Europea recolle a "prevención de conflitos por meios militares" -quer dicer, lanzamento desde a UE de guerras preventivas como a do Iraque-, obriga aos Estados membros á "mellora progresiva das súas capacidades militares", cría a Axencia Europea de Defensa -"para o desenvolvimento das capacidades de defensa, a investigación, a adquisición e o armamento"... "para reforzar a base industrial e tecnolóxica do sector da defensa"- e integra á OTAN no seu articulado, ademais de a Unión contar xa cunha Forza de Intervención Rápida de 60.000 soldados.

Máis info en:  http://galiza.indymedia.org/gl/2005/05/2902.shtml e http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/2007/10/campaa-pola-obxeccin-fiscal-aos-gastos.html