armas


O pasado 7 de xullo celebrouse unha conferencia de Nacións Unidas para negociar “un instrumento xurídicamente vinculante que prohíba as armas nucleares e conduza á súa total eliminación”.

O proxecto foi aprobado por 122 votos a favor, 1 abstención e 1 voto en contra, o de Holanda, único país membro da OTAN que asistiu ao encontro.

etiquetas: 

O 13 de febreiro deste 2017, Ignacio Robles, cabo de bombeiros do Servizo de Extinción de Incendios da Deputación de Bizkaia, negouse a custodiar e supervisar o embarque dun cargamento de bombas con destino a Arabia Saudí no porto de Bilbo, alegando obxección de conciencia. 

etiquetas: 

Liouse, e moito. Durante tres días consecutivos o barrio de Gracia de Barcelona converteuse nunha auténtica batalla campal entre Mossos d’Esquadra armados con armas que disparan proxectís foam e manifestantes sedentos de volver a ocupar un antigo banco expropiado utilizado desde hai cinco años como centro social.

etiquetas: 

No medio dixital www.eldiario.es publicaron hai uns días unha reportaxe sobre os Programas Especiais de Armamento tomando datos do Ministerio de Defensa.

Unha morea de miles de millóns de euros que os distintos gobernos foron tirando en armas para facer a guerra.

etiquetas: 

A empresa IMI Ltd, propiedade do estado de Israel, asinou un contrato por catro anos co Ministerio de Defensa para subministrar a munición regulamentaria da OTAN.

O 22 de agosto, o Boletín Oficial do Estado publicaba a formalización dun contrato de 33.720.392 euros para adquirir cartuchos do calibre 5,56 (o oficial da OTAN e, polo tanto, dos fusís do exército español) a diferentes empresas.

---

Partillamos con algo de atraso esta nova:

Perturbación grave en la fábrica de armas nucleares con el bloqueo que ha ido aumentando durante la mañana

Actualización a las 17:00: Termina el bloqueo tras 9 horas, sin ningún detenido.

Actualización a las 16:15: A esta hora se mantiene el bloqueo, según nos informan, con más policía que manifestantes.

etiquetas: 

A propósito do ERE extintivo que General Dynamics aplicou na Fábrica de Armas da A Coruña a xente do Espazo Aberto Antimilitar vos deixamos cun texto que leva por título "ESCUSAS".

“Na medida en que a megamáquina foi legada ás civilizacións posteriores, foi a súa forma negativa, a da máquina militar, ben adestrada, estandarizada e dividida en partes especializadas, a que asegurou a súa continuidade”

Reaccións contra a megamáquina, Lewis Mumford

A escusa e o recorrente uso que se lle dá segundo o momento e o lugar vén de lonxe. Poderiamos, incluso, falar de algo común por estendido. É, ao cabo, unha forma como tantas outras de escorrer o vulto. De aí que ninguén sexa alleo a este recurso, tampouco o medio obreiro. Aínda máis, unha lixeira aproximación á súa historia confirmaría o dito sen maiores esforzos. E o seu presente, con todas as súas miserias, non é moito máis alentador.