Adeus ás armas nucleares?


O pasado 7 de xullo celebrouse unha conferencia de Nacións Unidas para negociar “un instrumento xurídicamente vinculante que prohíba as armas nucleares e conduza á súa total eliminación”.

O proxecto foi aprobado por 122 votos a favor, 1 abstención e 1 voto en contra, o de Holanda, único país membro da OTAN que asistiu ao encontro.

O  acordo abrirase a sinaturas o 20 de setembro e entrará en vigor cando sexa ratificado por 50 estados.

A pesar da súa potencial relevancia para a seguridade mundial, esta nova non abriu telexornais nin mereceu grandes titulares. Por isto, consideramos importante contribuír á súa difusión, e facémolo con este enlace a un artigo sobre a cuestión, escrito por Jordi Armadáns, membro da Campaña Internacional para a Abolición das Armas Nucleares (ICAN) e publicado na Directa.

Deixámosvos tamén un enlace ao proxecto do propio tratado > http://www.undocs.org/es/a/conf.229/2017/L.3/Rev.1

etiquetas: