Destinos alternativos


Cada persoa obxectora fiscal decide onde, a que proxecto alternativo quere ingresar os cartos que desvía do IRPF para que, en lugar de ir ao Gasto Militar se dedique a unha verdadeira defensa: do desenvolvimento, do medio ambiente, da cultura, da dignidade das personas… Todos e todas coñecemos alguna organización ou grupo que traballa nestes campos. Desde os grupos de O.F. sempre propomos varios proxectos:
- SOS Courel, asociación ecolóxico e cultural que traballa na defensa dos montes do Courel ante as numerosísimas desfeitas as que esta sendo sometido co beneplacito das administracións. http://soscourel.blogspot.com/
- Asamblea Anti-TAV de Euskadi, grupo de persoas que estan facendo unha máis ca forte oposición a imposición gubernmental do tren de alta velocidade e o modelo de social e de trasporte que significa. http://www.sindominio.net/ahtez
- Baladre, coordinación estatal de persoas e colectivos cotra a
desigualdade, a pobreza e a marxinación en calquera das súas formas. Reivindicando vivenda digna, transporte gratis, reparto do traballo, non á represión e o cárcere. E sobre todo reparto da riqueza a través da Renda Básica. http://www.redasociativa.org/baladre/
- Espazo Aberto Antimilitar, conxunto vigues de colectivos e persoas que traballan por unha sociedade desmilitarizada.
Conta conxunta para facer os ingresos: 2080-0169-53-0000025541, de Caixanova (indicade o proxecto, se non repartirase por igual)

etiquetas: