campio carpio


Hoxe rescatamos un artigo en forma de carta que o anarquista Campio Carpio (Vigo, Galiza, 1902 – Monte Grande, Arxentina 1989) achegou á redacción da publicación Umbral. Revista mensual de artes letras y estudios sociales á altura de febreiro de 1965. Este mensual parisino foi unha das tantas cabeceiras animadas durante o exilio confederal e libertario en territorio francés após a guerra civil, pero a diferencia das máis o seu cometido era a capacitación cultural dos lectores e non tanto o proselitismo ideolóxico.

É precisamente neste campo onde sobrancea a figura de Campio Carpio grazas á delongada traxectoria intelectual e militante –sempre da man- polas terras de Arxentina. Dicimos intelectual por que a súa producción literaria abrangue diversas áreas temáticas – cunha predilección especial pola crónica bibliográfica- alongándose durante boa parte do século pasado, superpoñéndose con moito a súa identidade real Campio Pérez Pérez.

O texto que tendes á vosa disposición é como dicimos unha carta á War Resisters Internacional (Internacional de Resistentes á Guerra) onde reflicte os puntos en común entre o anarquismo e o antimilitarismo, para seguidamente amosar unha fonda preocupación pola mais que posibel desaparición do seu boletín en diferentes linguas. Todo isto na coxuntura da guerra fría.

etiquetas: