You are here
Carta pública á War Resisters International do anarquista Campio Pérez
Hoxe rescatamos un artigo en forma de carta que o anarquista Campio Carpio (Vigo, Galiza, 1902 – Monte Grande, Arxentina 1989) achegou á redacción da publicación Umbral. Revista mensual de artes letras y estudios sociales á altura de febreiro de 1965. Este mensual parisino foi unha das tantas cabeceiras animadas durante o exilio confederal e libertario en territorio francés após a guerra civil, pero a diferencia das máis o seu cometido era a capacitación cultural dos lectores e non tanto o proselitismo ideolóxico.
É precisamente neste campo onde sobrancea a figura de Campio Carpio grazas á delongada traxectoria intelectual e militante –sempre da man- polas terras de Arxentina. Dicimos intelectual por que a súa producción literaria abrangue diversas áreas temáticas – cunha predilección especial pola crónica bibliográfica- alongándose durante boa parte do século pasado, superpoñéndose con moito a súa identidade real Campio Pérez Pérez.
O texto que tendes á vosa disposición é como dicimos unha carta á War Resisters Internacional (Internacional de Resistentes á Guerra) onde reflicte os puntos en común entre o anarquismo e o antimilitarismo, para seguidamente amosar unha fonda preocupación pola mais que posibel desaparición do seu boletín en diferentes linguas. Todo isto na coxuntura da guerra fría.
Un documento histórico (achegamos os arquivos) no que paga a pena reparar nos tempos que corren.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
campio_a.JPG | 884.54 KB |
campio_b.JPG | 897.81 KB |