A iniciativa Outra Paz é Posible decidiu publicar o seguinte texto, que pretenden facer chegar aos partidos políticos e movementos sociais, nun esforzo por xerar debate e mobilización. Polo tanto, cremos importante publicalo para unha maior difusión:
IMPULSAR OUTRA PAZ ALTERNATIVA Á QUE NOS PROMETE NO NOVO CICLO ELECTORAL
Ante estas eleccións, dirixímonos á sociedade e aos movementos polo cambio, pedindo a activación da nosa responsabilidade compartida para facer posible unha paz alternativa á que o sistema promete. Unha paz con fíos interconectados entre as diversas loitas que hoxe nos falan de cambio.
Estas eleccións coinciden cun novo ciclo de protesta no que converxen múltiples loitas, xunto con aspiracións de xustiza e esforzos por gañar dereitos tradicionalmente negados en beneficio dun "status quo" que defende ás clases poderosas e parasitas. O compromiso cunha paz que desafía a orde de preparación e reprodución da guerra, o rearmamento e a militarización ao servizo dos intereses dun capitalismo depredador e violento, busca tamén contribuír ao urxente cambio global en favor da vida, os coidados, os dereitos e a seguridade humana e ecosocial.