audio


A continuación deixamos o audio da conferencia de Juan Carlos Roig (colaborador do Grupo Antimilitarista Tortuga e analista do gasto militar) impartida no marco das xornadas "Desarma Vigo" denunciando o desfile do Día das Forzas Armadas 2026, na que se pon de relevo o rearme do Estado español e o seu papel nas estruturas militares europeas, co telón de fondo do réxime de guerra.

Podedes escoitalo en archive: https://archive.org/details/9-de-maio

etiquetas: 

Achegamos o enlace ao programa Barrio Canino da radio Ágora Sol dedicado á insubmisión fiscal como forma de desobediencia económica. Aquí o explican no blogue do programa:

Deixamos o enlace dunha entrevista que fala do escudo antimisís de Rota, estas son algunhas das preguntas ás tratan de responder:

¿En qué consiste el sistema AEGIS con un coste de 2 millones de euros?

¿Qué implicaciones geoestratégicas internacionales conlleva?

¿Qué impacto tiene sobre las poblaciones de la bahía de Cádiz?

etiquetas: 

A xente de Utopía Contagiosa non deixa de afanarse na tarefa de dar a coñecer a realidade do gasto militarizado do Estado Español.

Deste xeito, ademais de manter o seu blog con infinidade de entradas sobre industria militar, política de defensa, gasto militar... fan tamén presentacións da súa tarefa en colectivos.

Achegamos o audio da presentación da campaña pola OF que fixemos nas V tardes libertarias, organizadas pola xente de Lume Negro en Ponteareas o pasado de 26 maio.

Na presentación ademais da presentación da campaña se resolveron algunhas dúbidas técnicas.