Este sábado remataron as Xonadas Antimilitaristas do Morrazo cunha charla sobre a historia da inbsubmisión en Galiza na que participaron antigos insubmisos e obxectores dunha e outra banda da Ría de Vigo.
Logo deste acto, a exposición "25 anos de insubmisión" trasladarse ao Condado, en concreto á vila de Ponteareas. Alí poderedes atopala, a partir do vindeiro sábado 25, data na que se inaugurará ás 20:00h, nas paredes do centro social O Fresco.