25 anos


O 20 de febreiro de 1989 presentáronse colectivamente ante as autoridades militares 57 insubmisos ao servizo militar obrigatorio (SM) no estado español, dous deles en Galiza.

Anos antes, a comezos de 1976, o galego Miguel Escariz, catro meses antes de rematar o servizo militar, declarárase obxector, sendo encarcerado durante un ano.

Eran os primeiros pasos da andaina da obxección de conciencia ao SM por motivos non relixiosos, comezada no estado por Pepe Beunza no 1971, e que se foi organizando no MOC  (movemento de obxección de conciencia).