Siria


Oposición ao dereito dun pobo a expresar a súa opinión como defensa da liberdade e a democracia; prohibición de manifestacións para facer respectar a liberdade de todos; privatización da sanidade para asegurar o dereito á asistencia médica universal; eliminación de bolsas e peche de escolas como máxima expresión da garantía de acceso á educación e, desde logo, intervencións militares, ataques e bombardeos a poboación civil feitos pasar por intervencións humanitarias. A perversa manipulación da linguaxe levada a cabo polo poder, para vendernos as cousas polo contrario do que son, non ten límites, confiando quizais na máxima de que unha mentira mil veces repetida, convértese en verdade.

É evidente que, igual que talar un bosque evita que arda nun incendio, bombardear e matar a poboación civil nun “ataque lóstrego” evita que sufran unha guerra. Agora ben, é unha solución que non consideramos aceptable, e moito menos “humanitaria”.

Pero en todo caso, sabemos que, ao igual que en Afganistán ou Iraq, están moi lonxe de ser os motivos humanitarios os que moven a actuación dos Estados Unidos e os seus aliados.

As compas de Utopia Contagiosa veñen de publicar no seu blogue esta interesante reflexión sobre Siria que leva por título: Axudar aos sirios? A maiores deste artigo recomendamos tamén a lectura de "Siria: la intervención soñada" de Santiago Alba Rico.

Axudar aos sirios?

Es un buen propósito. Un deseo loable. Ahora también un reclamo de la mas soez propaganda militarista para justificar una nueva intervención militar de la coalición “ad hoc” que EE.UU sea capaz de armar para intervenir militarmente en Siria y mejorar sus posiciones geoestratégicas.

¿Por qué un juicio tan rotundo?

Pues, sencillamente, porque las propuestas que están barajándose no hablan de otra cosa que de ataque militar y apoyo a la guerra, para que la gane el bando que interesa.