actividades


O Espazo Aberto Antimilitar convídavos a celebrar un Magosto Antimilitar baixo o lema "Castañas non Bombas" que terá lugar o sábado 12 de decembro a partires das 18h00 na Praza da Princesa. Na festa non faltará música, información e como non castañas, bebida...

Achegamos o texto que repartiremos no magosto: "Virán tempos peores e nos farán máis cegas"

A semana do 16 ao 20 de Novembro, a organización israelí Anarquistas contra o Muro estará de xira por terras galegas, de man dos sindicatos da CNT de distintas localidades.

O pasado xoves 16 de xullo, unhas corenta persoas xuntámonos en Príncipe convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar e A Ría Non Se Vende, para denunciar a celebración do Festival Aéreo de Vigo, como un espectáculo militarista, armamentista e que despilfarra sen necesidade cartos públicos, contamina a ría e supón un alto (e absurdo) nivel de consumo enerxético.

etiquetas: 

O Espazo Aberto Antimilitar e A Ría Non Se Vende convocan o xoves 16 de xullo un acto de repulsa contra o festival Aéreo de Vigo que se celebrará en Vigo o día 20 de xullo, será ás 20.00 na rúa do Príncipe diante do Marco.

Novamente a cidade acolle este festival internacional, un despilfarro máis, outro atentado ecolóxico á ría, outra limpeza de cara do exército e da súa verdadeira función.

Achegamos o texto que elaborou o Espazo baixo o título: "A guerra como espectáculo"

O 20 de febreiro do 1989 presentábanse en Bilbao os primeiros insubmisos ao Servizo Militar Obrigatorio, iniciábase así unha estratexia de desobediencia que durante 12 anos de actividade deu lugar a que 25.000 rapaces se declarasen insubmisos, dos cales 1.670 pasaron pola cadea.

Agora no 2009 queremos lembrar o que foi esa loita, na que moitas galegas participaron solidaria e activamente.

O Espazo Aberto Antimilitar organiza dentro da campaña pola OF 2009 a proxección do documental "Defendo a miña terra" que conta a loita da veciñanza do pobo palestino de Bilin ante os intentos do goberno israelí de construír unha parte do muro nos seus terreos. Nesa loita a veciñanza conta coa axuda de Anarquistas Contra o Muro que é o destino internacional que o Espazo escollleu para este ano.

Xunto a estes destinos propoñemos apoiar o proxecto de Comida Non Bombas de Coruña e a loita de Galiza Non Se Vende. Ademais os membros do Espazo resolverán calquera dúbida que teñades respecto a OF.

O pasado sábado 4 de abril, xuntámonos unha vintena de persoas convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar no cruce de Príncipe con Colón, comezamos ás seis da tarde e estivemos alí ata as oito.

Durante o acto repartimos trescentos panfletos sobre o aniversario da OTAN e outros trescentos sobre os Gastos Militares para o 2010 e a Obxección Fiscal aos mesmos.

O pasado sábado 15, ao mesmo tempo que en todo o mundo miles de persoas se manifestaban e se concentraban para lembrar as primeiras movilización contra a criminal guerra de Iraq, que aínda hoxe é causa de morte alí e vergonza en Occidente pola connivencia dos Gobernantes. Fixemos en Vigo a presentación pública da campaña deste ano pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares.

etiquetas: 

Páxinas